cancelar

cancelar

(< lat cancellāre‘cubrir con reixa’)

  1. v t
    1. Invalidar unha nota contable, unha inscrición ou un documento público con autoridade. No caso de documentos legais, ráchanse ou ríscanse.

      Ex: Cancelou o título cunha riscada.

    2. Marcar un selo postal ou un billete para impedir a súa posterior utilización.

      Ex: A administración de correos cancela os selos poñéndolles un cuño ás cartas.

      Confrontacións: invalidar.
  2. v t

    Declarar a invalidez dun contrato, dun compromiso ou dunha acción previamente anunciada.

    Ex: O banco cancelou todas as miñas contas. Cancelei as reservas do hotel.

    Confrontacións: rescindir, suspender.
  3. v t [COMUN]

    Interromper a programación dun anuncio ou dunha campaña publicitaria nalgún medio de comunicación.

    Confrontacións: suspender.

Palabras veciñas

Cancelada | Cancelada | cancelador -ra | cancelar | Cancelas | Cancelas, Alto das | canceleira
Conxugar
VERBO cancelar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cancelo
cancelas
cancela
cancelamos
cancelades
cancelan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cancelaba
cancelabas
cancelaba
cancelabamos
cancelabades
cancelaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cancelei
cancelaches
cancelou
cancelamos
cancelastes
cancelaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cancelara
cancelaras
cancelara
cancelaramos
cancelarades
cancelaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cancelarei
cancelarás
cancelará
cancelaremos
cancelaredes
cancelarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cancelaría
cancelarías
cancelaría
cancelariamos
cancelariades
cancelarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cancele
canceles
cancele
cancelemos
canceledes
cancelen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cancelase
cancelases
cancelase
cancelasemos
cancelasedes
cancelasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cancelar
cancelares
cancelar
cancelarmos
cancelardes
cancelaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
cancela
-
-
cancelade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cancelar
cancelares
cancelar
cancelarmos
cancelardes
cancelaren
Xerundio cancelando
Participio cancelado
cancelada
cancelados
canceladas