Cáncer, nebulosa do
Cáncer, nebulosa do
[ASTRON]
Pequena nebulosa luminosa situada ao NO da estrela ζ do Tauro e a 3.500 anos luz da Terra. A súa luminosidade permite clasificala como un astro de novena magnitude e a súa masa total é igual á do Sol. Considérase que este corpo celeste é o resultado da explosión dunha supernova.