Candamo
Candamo
Municipio do Principado de Asturias, regado polo Nalón, augas arriba da súa confluencia co Narcea (2.688 h [1996]). A economía baséase na agricultura, coa produción de patacas e millo, e na gandería vacúa e porcina. Dentro do termo está a cova de San Román, mostra da arte rupestre cantábrica.