Candán Illán, Jorge Juan

Candán Illán, Jorge Juan

Fotógrafo e cámara de televisión. Realizou estudios de fotografía científica submarina no Museu de Zoologia de Barcelona en 1992 e de fotografía submarina en 1993, na Escola d’Imatge da FASCV, en Alacant. Colaborador en revistas especializadas como Muy Interesante, Imagina, Apnea e Scuba, realizou numerosos traballos fotográficos para o Acuarium Finisterrae da Coruña, o Acuario de Madrid e para a axencia Naturpress. Participou como cámara no programa de TVE La España salvaje e como fotógrafo na Guía dos peixes de Galicia (1983). Nos Campionatos de España de fotografía submarina obtivo o I Premio de fotografía de fauna (1998), creativa (1999) e macro (2000). Foi tamén campión galego de fotografía submarina (1997 e 1999). Membro da selección española de fotografía submarina (1999-2000), foi nominado mellor deportista do ano 1999 pola Federación Gallega de Actividades Submarinas.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Vigo