Candeleda
Candeleda
Municipio da provincia de Ávila, Castela e León, situado ao S da provincia, no límite con Cáceres e Toledo, regado polo río Tiétar (5.176 h [1996]). Os principais produtos agrícolas son os cereais, os legumes, as froitas e os pementos. Dentro da gandería predomina a cría de gando vacún e lanar. No termo atópase a necrópole prehistórica do Collado del Frailillo e o santuario da Madre de Dios de Chilla.