Candía
Candía
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe de orixe aragonesa. Unha rama pasou a Galicia e outra asentouse en México. A esta caste pertenceu o Papa Alexandre V, chamado Pedro Falargo de Candía. As súas armas levan, en campo de ouro, unha banda de goles. Outros traen, en campo de goles, dous copóns de prata postos en faixa.