Cándida

Cándida
[IMAX]

Produción cinematográfica arxentina dirixida en 1939 por Luis Bayón Herrera. Foi a primeira película dese país na que se utilizaron diversos trucos para efectos especiais, amais supuxo a primeira aparición cinematográfica da actriz Niní Marshall, concretamente no papel protagonista. Cándida, a criada galega que sempre se mete en líos, era unha personaxe moi popular da radio arxentina. A súa estrea cinematográfica constituíu un grande éxito, polo que as súas aventuras se repetiron en once películas, entre elas Los celos de Cándida, Cándida millonaria e Cándida la mujer del año. Nesta primeira comedia, chega Cándida a Bos Aires procedente de Galicia coa intención de empregarse no servizo doméstico e gañar diñeiro. Unha vez colocadada e tras solucionar os problemas económicos dos seus amos, será recompensada e poderá casar co seu noivo, un mozo de almacén, tamén galego, co que abrirá un bar. Niní Marshall basea a comicidade da súa personaxe na utilización humorística e amable do estereotipo da muller galega.