1 candil
1 candil
(< ár qandil ‘lámpada’)
-
s
m
Lámpada composta por un recipiente con aceite, graxa ou outra substancia combustible que se acende por medio dunha torcida depositada no seu interior, e unha asa para podela colgar e transportar.
Ex: Téñolle que botar máis aceite ó meu candil que xa case non alumea.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Nome que reciben as libélulas adultas, especialmente as das familias dos gónfidos e dos oxigástridos.
Frases feitas
-
Arde alguén/algunha cousa nun candil. Aplícase ás cousas boas ou efectivas.
-
Arder nun candil e dar o trigo. Producir beneficio algunha cousa.