Candís
Candís
Río afluente do Sil pola esquerda. Nace da confluencia de varios regos na parroquia de Candeda, no concello de Carballeda de Valdeorras. O seu curso adopta unha dirección S-N coa que drena a parroquia de Domiz. Virando cara ao NO penetra no concello do Barco de Valdeorras pola parroquia de Éntoma, na que desemboca.