Caneda, José María
Empresario e dirixente deportivo. En 1988 accedeu á presidencia da Sociedade Deportiva Compostela. Baixo o seu mandato o club acadou os mellores resultados da súa historia: ascenso á Segunda División B (1989-1990), á Segunda División A (1991-1992, 1992-1993 e 1993-1994) e Primeira División, na que se mantivo durante catro tempadas. Durante esta xeira (1988-1998), Caneda caracterizouse por confiar o primeiro equipo a adestradores galegos (Fernando Castro Santos ata 1995, Fernando Vázquez Pena entre 1995 e 1998, e Gabriel Leis Veiga dende marzo de 1998). Durante o seu mandato, en 1992, o club tivo que acometer a conversión en Sociedade Anónima Deportiva, en virtude do contemplado na Lei do Deporte; o Concello de Santiago, que subscribiu a maior porcentaxe do capital social establecido, confioulle a Caneda a presidencia do consello de administración.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela