caneleira
caneleira
(< 2 canela)
-
s
f
[PLANTA]
Árbore perennifolia de ata 9 m de altura, de follas ovadas, coriáceas, de cor verde escura, con flores amarelas, pequenas e numerosas. Orixinarias de China, Malaisia e Cochinchina, cultívase especialmente en países tropicais, particularmente en Sri Lanka e en terreos areosos con pouco humus. A cortiza dos troncos novos extráese en tiras que constitúen a canela.
-
caneleira branca
[PLANTA]
Árbore de cortiza amarelenta, orixinaria das Antillas, Florida, e das Bahamas da que se extrae a canela branca.
-
caneleira da China
[PLANTA]
Árbore grande, duns 15 m de altura, orixinaria das montañas de Indochina e cultivada no resto do sueste asiático da que se extrae a canela da China.