caneleiro -ra

caneleiro -ra

(< 1 canela)

  1. s m

    Utensilio que serve para enroscar o fío nas canelas.

  2. s f
    1. Aparello no que se coloca a canela de fío que pasa a trama por enriba e por debaixo do urdido do tear.

      Sinónimos: lanzadeira.
    2. Nas máquinas de coser, designa un utensilio semellante que pasaba o fío pola parte inferior co fin de formar as puntadas

      Sinónimos: lanzadeira.
  3. s

    Persoa encargada de encher as canelas.

  4. s f

    Peza que protexe as canelas dos operarios ou dos xogadores dalgúns deportes.

Palabras veciñas

Canelas | canelear | caneleira | caneleiro -ra | Caneliñas | Caneliñas | canella