canelón

canelón
  1. s m [ALIM]

    Cada unha das láminas rectangulares de pasta de fariña de trigo na que se envolve un recheo de carne, peixe ou verduras.

  2. s m pl [ALIM]

    Prato de orixe italiana que consiste nunha fina pasta rectangular enchida de carne, peixe ou vexetais, especialmente de espinacas, cuberta cunha salsa bechamel, tomate ou con outra salsa, salpicada con queixo e gratinada. A pasta pode precisar ou non unha cocción previa.