Canelones

Canelones

Capital do departamento homónimo, en Uruguay (17.316 h [1985]). É o centro comercial dunha rexión agrícola e gandeira. Fundada en 1774 por Juan Miguel de Laguna, en 1828 foi a capital do país co nome de Guadalupe.