Canetti, Elias

Canetti, Elias

Escritor búlgaro. Despois de pasar a súa infancia entre Bulgaria, Inglaterra, Austria, Suíza e Alemaña, estudiou ciencias en Viena, onde viviu ata 1938. Posteriormente se trasladou a París e a Londres onde se estableceu en 1939 e adoptou a nacionalidade británica. A súa obra centrouse tematicamente na defensa da dignidade individual contra a masificación do home, o abuso do poder e o absurdo da morte. As súas primeiras obras, as comedias Hochzeit (A voda, 1932) e Komödie der Eitelkeit (A comedia da vaidade, 1950), tiveron escasa importancia antes dos anos sesenta. O éxito chegoulle tarde, co ensaio teórico Masse und Macht (Masa e poder, 1960) e con obras de carácter autobiográfico, como Die Provinz des Menschen (A provincia do home, 1973), Die gerettete Zunge (A lingua salvada, 1977) ou Das Augenspiel (O xogo de ollos, 1985). Entre os ensaios sobresae un sobre Franz Kafka: Der andere Prozess (O outro proceso, 1969). En 1981 foille outorgado o Premio Nobel de Literatura.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Ruse

  • Deceso

    Lugar : Zúric