Canfranc
Canfranc
Municipio da provincia de Huesca, Aragón, porto dos Pireneos polo que penetra o Camiño Francés na Península Ibérica, no seu treito aragonés (509 h [1996]). É un importante centro turístico, tanto pola ruta xacobea como polas estacións de montaña de Candanchú e Astún.