Cangas, Santa Mariña de
Cangas, Santa Mariña de
Igrexa parroquial localizada en Lalín. De estilo románico, os epígrafes conservados amosan unhas datas comprendidas entre 1170 e 1180. Consta dunha nave e dunha ábsida posteriormente ampliada. A nave ten cuberta de madeira a dúas augas. A fachada principal reformouse ao engadirse un óculo e unha espadana de dous arcos ademais dun terceiro como coroamento. A porta está formada por unha arquivolta apoiada en dúas columnas a cada lado. O tímpano presenta un lintel bilobulado cunha inscrición entre os lóbulos, o conxunto complétase con catro arquiños semicirculares na parte superior do tímpano.