Cangas del Narcea
Cangas del Narcea
Municipio do Principado de Asturias, capital da comarca de Las Brañas (18.110 h [1996]). Sitúase no val onde o río Luiña ou Naviego desemboca no Narcea. Centro agrícola, destacan os cultivos de millo, hortalizas, viña e árbores froiteiras. Co gallo da importancia da cría de gando ovino e bovino, celébranse na localidade feiras de sona. O sector mineiro provocou un auxe económico que contribuíu ao desenvolvemento urbano. Durante o reinado de Fernando III o Santo Cangas del Narcea converteuse en vila. A basílica de Santa María Magdalena, erixida no 1642, está declarada Ben de Interese Cultural.