canícula
canícula
(< lat Canicŭla, estrelade Sirius)
-
s
f
[METEOR]
Período dunhas catro a seis semanas que comprende a segunda quincena de xullo e gran parte de agosto, durante a que adoita ir moita calor. O nome provén da estrela Sirius (Canicŭla), pertencente á constelación do Can Maior, que indicaba, cando se levantaba ao mesmo tempo que o Sol, o inicio do verán; foi celebrada polos exipcios e polos gregos.
-
s
f
[METEOR]
Calor que vai durante a canícula.