canícula

canícula

(< lat Canicŭla, estrelade Sirius)

  1. s f [METEOR]

    Período dunhas catro a seis semanas que comprende a segunda quincena de xullo e gran parte de agosto, durante a que adoita ir moita calor. O nome provén da estrela Sirius (Canicŭla), pertencente á constelación do Can Maior, que indicaba, cando se levantaba ao mesmo tempo que o Sol, o inicio do verán; foi celebrada polos exipcios e polos gregos.

  2. s f [METEOR]

    Calor que vai durante a canícula.

Palabras veciñas

caniche* | canicie | Canicouva, A | canícula | canicular | Canide | Canide, morro de