Canillas de Aceituno
Canillas de Aceituno
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado ao L da provincia, no límite con Granada (2.327 h [1996]). Está accidentado pola serra de Alhama e regado polos ríos Almachares e Bermuza. A principal produción é o viño, pero tamén son importantes os cereais, legumes, laranxas e figos. No seu relevo destaca a cova de Fajaros, onde hai formacións cristalinas.