Cano, Melchor
Teólogo dominicano. En 1523 ingresou na orde dos Predicadores. Profesor de teoloxía en Alcalá de Henares (1541) e en Salamanca (1546), entre 1551 e 1552 foi teólogo do Emperador Carlos V no Concilio de Trento. Conselleiro de Filipe II, alentouno, por medio da súa Consultatio Theologica, a abandonar definitivamente a dirección relixiosa erasmiana seguida por Carlos I e a emprender unha política de catolicismo nacional e autárquico, pechado ante Europa. Elixido provincial dos dominicanos en 1557, non foi confirmado por Roma ata 1560, despois da morte do Papa Paulo IV, o seu grande adversario. A súa obra máis importante é De locis theologicis (Sobre os lugares teolóxicos, 1563), onde se sintetiza por vez primeira a doutrina sobre o método de determinar a verdade en teoloxía, preconizando o retorno ás fontes bíblicas e patrísticas.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Tarancón -
Deceso
Lugar : Toledo