Canovelles

Canovelles

Municipio do Vallès Oriental, Barcelona, regado polo río Congost (13.287 h [1996]). A súa economía é fundamentalmente agrícola, sobre todo de secaño, con predominio de cereais, legumes, patacas e forraxe. Na gandería sobresae a cría de gando bovino, porcino e a avicultura. Na industria destaca o sector téxtil.