Canseco
Canseco
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe orixinaria da localidade leonesa de Canseco, no municipio de Cármenes. Moi espallada por toda Galicia, leva como armas escudo medio partido cortado: primeira partición, en campo de azul, cunha banda de ouro; segunda partición, en campo de prata, cun león rampante ao natural; terceira partición, en campo de prata, con cinco faixas ondeadas de azul; e bordo de goles con oito aspas de ouro.