cansar

cansar

(< lat campsāre ‘dobrar,virar, volver’ < gr kάμψαι)

Nome científico: [d p: cansado, canso]
  1. v t

    Reducir considerablemente a forza dunha persoa ou dun animal, a causa dun esforzo, dun traballo ou doutra actividade. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cansa quen dá, que quen pide non cansa nin cansará. Non hai cousa que máis canse có traballo; mais tamén adoita cansar o moito ”.

    Ex: Cánsame moito subir as costas.

    Sinónimos: fatigar. Confrontacións: esgotar.
  2. v t

    Causar desagrado unha cousa ou alguén que se repite moito ou carece de interese.

    Ex: Cánsanme as túas teimas.

    Sinónimos: aborrecer, aburrir, encher, enfastiar, fartar.
  3. v t e i
    1. Esgotar ou esgotarse a fertilidade da terra.

      Ex: Os eucaliptos cansarán os montes das Rías Baixas. A terra cansa se non se esterca nin se sacha.

    2. Deixar de botar auga un manancial.

      Ex: A sequía cansou as fontes da vila.

  4. v i e pron

    Sentir unha diminución da forza debido a algún tipo de actividade.

    Ex: Cansáronse de estar todo o día de pé.

  5. v i e pron

    Experimentar desagrado por algo ou alguén que é repetitivo ou que carece de interese.

    Ex: Cansámonos de ter que aturalo todos os días.

Frases feitas

  • A gaita non cansa máis que a quen a toca. Cadaquén sabe o esforzo que pasa co seu traballo.

Palabras veciñas

Cans | Cans, San Miguel de | cansado -da | cansar | cansazo | Canseco | canseira
Conxugar
VERBO cansar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
canso
cansas
cansa
cansamos
cansades
cansan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cansaba
cansabas
cansaba
cansabamos
cansabades
cansaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cansei
cansaches
cansou
cansamos
cansastes
cansaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cansara
cansaras
cansara
cansaramos
cansarades
cansaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cansarei
cansarás
cansará
cansaremos
cansaredes
cansarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cansaría
cansarías
cansaría
cansariamos
cansariades
cansarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
canse
canses
canse
cansemos
cansedes
cansen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cansase
cansases
cansase
cansasemos
cansasedes
cansasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cansar
cansares
cansar
cansarmos
cansardes
cansaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
cansa
-
-
cansade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cansar
cansares
cansar
cansarmos
cansardes
cansaren
Xerundio cansando
Participio canso/cansado
cansa/cansada
cansos/cansados
cansas/cansadas