Canta-Claro, El

Canta-Claro, El

Publicación aparecida en Corcubión a finais do 1905. Subtitulada “Revista literaria é independiente defensora de los intereses generales”, estaba dirixida por Ramón Plasencia Ruibal e contaba con diversos colaboradores en Muxía, Vimianzo e Camariñas. De forte contido político, abriu a súa “novena claridad” cun artigo dedicado ao xefe do partido liberal e presidente do goberno, Segismundo Moret. Contiña artigos contra a ditadura, loanzas a Concepción Arenal e un resumo da vida parlamentaria, ademais dunha sección de cartas abertas, dirixidas ao alcalde de Corcubión, ao director desta publicación e cartas como resposta a artigos do propio xornal ou de La Voz de Galicia. No seu noveno número, do 10 de decembro de 1905, aparece un artigo en galego titulado “A festa das Neves”.