cantabria

cantabria

(< topónimo Cantabria)

s m [ALIM]

Queixo elaborado con leite de vaca pasteurizado, tamén chamado queixo de nata. De callado enzimático, é de tamaño mediano e ten a codia lisa. Pode presentarse de tenro a semicurado e de graxo a extragraxo. Ten a pasta sen ollos, mol, elástica e untuosa e é de cor amarela moi clara. De orixe centenaria, elabórase en gran parte de Cantabria e está protexido pola Denominación de Orixe.

Palabras veciñas

Canta-Claro, El | cantabile* | cantable | cantabria | Cantabria | Cantabria | Cantabriano