Semanario que apareceu en Betanzos o 15 de outubro de 1901. O seu director foi Ramón Buyo. Esta publicación xuvenil sucedeu a El Chaparrón e cesou no número dous.