cantáride

cantáride

(< lat cantharide)

s f [ANIMAL/ENTOM]

Coleóptero do xénero Lytta, de escaravellos de corpo alongado e exoesqueleto brando, cunha lonxitude duns 21 mm, de cor verdosa azulada metalizada e antenas longas. Os adultos aliméntanse de follas de árbores e arbustos, mentres que as larvas son parasitas das abellas de vida solitaria, agardan nas flores para aferrarse a elas e ser transportadas ata o niño onde se alimentan de mel. Viven nos bosques caducifolios do sur de Europa. Os escaravellos captúranse para empregalos, unha vez secos, como afrodisíacos debido á cantaridina que conteñen.