2 canteiro -ra

2 canteiro -ra

(< 2 canto)

  1. s
    1. Persoa que ten o oficio de traballar a pedra. A súa arte remóntase á Prehistoria, ao megalitismo e, posteriormente, aos petroglifos. Co tempo, diversos movementos artísticos deixaron a súa pegada tanto nos pazos como na arquitectura popular, tal e como queda reflectido nos cruceiros, nos petos de ánimas, nas fontes e nunha ampla variedade de esculturas. Na Idade Media, os gremios dos canteiros desenvolveron o seu oficio nos mosteiros, catedrais, santuarios, torres, castelos, pontes e na restauración de monumentos. Os instrumentos que empregan son as macetas, os escoupros, as limas, os burís e todo tipo de ciceis e punteiros ben afiados. A evolución das técnicas empregadas deu un paso importante cando xurdiu o pantógrafo, que permitiu a copia exacta de martelos ou serras eléctricas para simplificar e acurtar o traballo. A tradición popular remite á provincia de Pontevedra, concretamente ao concello de Cotobade, terra de canteiros ou arxinas, que tiñan unha xerga propia denominada latín dos canteiros ou xerga dos arxinas; eran itinerantes e antano adoitaban traballar xuntos a un ritmo que inspirou a moitos creadores.

      Ex: O cruceiro é obra do canteiro con máis sona de toda a comarca.

    2. Persoa que traballa sacando pedra dunha canteira.

      Ex: Os canteiros teñen que mover moito peso.

  2. s m [ETN]
    1. Pedra ou conxunto de pedras que serven de chanzo para subir ao hórreo.

      Ex: Levei un bo susto ao esvarar no canteiro.

    2. Pedra que se emprega para asentar as cubas nunha adega.

      Ex: A pipa non está moi dereita, hai que cambiar o canteiro e por un máis grande.

    3. Pedra que constitúe o limiar da casa.

      Ex: Puxeron un canteiro de mármore na casa nova.

  3. s m

    Anaco de pan de millo ou doutro cereal que se corta polo canto.

    Ex: Máis ca o miolo gustábanlle os canteiros.

    Sinónimos: cantelo, carocho. Confrontacións: codelo.
  4. s m

    Anaco de terra dunha herdade separado doutro anaco.

Palabras veciñas

Canteira | canteiriña | 1 canteiro | 2 canteiro -ra | canteirurro | Cantelle, serra de | Cantelmo