Cantillana

Cantillana

Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, na marxe dereita do río Guadalquivir e atravesado polo río Viar (8.930 h [1996]). No seu termo está a lagoa e o encoro do mesmo nome. A economía é principalmente agrícola e destínase ao cultivo de cereais, laranxas, viño e pasas. Na industria destacan as fábricas de xabón, tecidos de la e augardente.