1 cantón

1 cantón

(< 3 canto)

  1. [XEOG/ADM]
    1. s m

      Cada unha das vinte e seis unidades político-administrativas confederadas da Confederación Helvética.

    2. Circunscrición administrativa de primeira orde de Luxemburgo.

  2. s m [XEOG]

    Ruptura da pendente que enlaza a plataforma co talude continental e que adoita estar situada preto da isóbata de 200 m baixo o nivel do mar.

  3. [HERÁLD]
    1. s m

      Cada un dos puntos do campo situados nos seus catro ángulos: o cantón destro da cabeza, o cantón sinistro da cabeza, o cantón destro da punta e o cantón sinistro da punta.

    2. s m

      Peza rectangular que ocupa un dos ángulos do escudo e que é un pouco menor ca a cuarta parte deste. Adoita ocupar o ángulo primeiro (cantón destro) da parte superior, aínda que tamén pode ocupar o segundo (cantón sinistro). Cando ten a forma dun cuarto de circunferencia chámase cantón redondeado.

    3. s m

      Cada un dos catro espacios baleiros que deixa nun escudo a cruz ou aspa.

    4. cantón-faixa

      Peza composta resultante da unión dun cantón destro e dunha faixa.

    5. cantón de honor

      franco cuartel.

    6. cantón turquesco

      xirón.

Palabras veciñas

Canto, Pedro del | Canto,Jacinto del | Cantodorxo | 1 cantón | 2 cantón | Canton | Cantón