Cantoria

Cantoria

Municipio da provincia de Almería, Andalucía, drenado polo río Almanzora, augas arriba da súa confluencia co torrente de Albox (3.357 h [1996]). O relevo é montañoso, con barrancos e chairas formando pequenas terrazas. Aproveita as augas do río para o rego. Posúe unha economía agrícola onde os cultivos principais son a viña e as árbores froiteiras. Tamén posúe minas de ferro como a de Numancia. A escasa industria, céntrase no traballo do mármore.