Cao Ki, Nguyen
Cao Ki, Nguyen
Militar e político survietnamita. Xefe supremo da forza aérea survietnamita durante a ditadura de Ngo Dinh Diem, foi primeiro ministro no período 1965-1967 e vicepresidente da República de Vietnam do Sur ata o 1971, apoiado polos EE UU. Destacou como un dos xefes máis importantes da loita contra o Vietcong. Abandonou o país pouco antes da caída de Saigón no 1975 e exiliouse nos EE UU.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Son Tay, Tonquín