Cao Luaces, Xosé María
Debuxante, pintor e gravador. Afeccionado ao debuxo dende moi novo, aproveitou as súas calidades para traballar na fábrica de louza de Sargadelos. En 1877 instalouse en Gijón onde traballou como pintor e decorador nunha fábrica de louza. Alí ampliou a súa aprendizaxe co escultor Xosé María López Rodríguez e co pintor Nemesio Martínez. Exerceu como profesor de debuxo na Escola de Belas Artes da Coruña ata 1886, ano no que tivo que emigrar a Arxentina polas súas ideas republicanas. En Bos Aires traballou nas revistas El Sudamericano e Don Quijote e fundou as publicacións El Eco de Galicia, El Cid Campeador e La Bomba e dirixiu tamén Caras y Caretas, e colaborou en La Nación e na Revista Popular. Foi, amais, un activo defensor da lingua e da cultura galega, presidente do Comité organizador do Segundo Centro Galego en Bos Aires e director e organizador do Orfeón Galego.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Cervo, Lugo -
Deceso
Lugar : Lanús, Bos Aires