Capdepera
Capdepera
Municipio das Illes Balears, no extremo NL de Mallorca (6.321 h [1996]). Predominan os cultivos de cereais, améndoas, oliveiras, viña e figos. A industria redúcese a pequenas fábricas de augardente e téxtiles. O turismo experimentou un gran desenvolvemento, especialmente en cala Ratjada, ata convertelo na principal actividade económica. A vila foi fundada por Xaime II en 1300 dentro do antigo termo de Artà e non conseguiu a súa independencia ata 1819. Conserva un cerco amurallado construído ao longo do s XIV, coñecido como o castelo de Capdepera. A igrexa de Sant Bartomeu construíse fóra das murallas entre 1830 e 1840.