Capdevila, Arturo

Capdevila, Arturo

Poeta, ensaísta e crítico. Cultivou a poesía de ton intimista coas obras Melpómene (1912), La fiesta del mundo (1922), Canto gallego (1955) e Romances del general San Martín (1959); a novela coa publicación de Arbaces, maestro de amor (1945); e o ensaio con América (1926). Foi membro da Academia Argentina de Letras, da Academia Nacional de la Historia e correspondente da Real Academia Española de la Lengua. Acadou o Premio Nacional de Literatura (1920) e o Premio da Sociedad Argentina de Escritores (1949).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Córdoba, Arxentina

  • Deceso

    Lugar : Bos Aires