Capellades

Capellades

Municipio de Barcelona, por riba do río Anoia, que forma neste lugar o desfiladeiro de Capellades (5.021 h [1996]). A principal actividade económica é a industria, con fábricas de papel, cartón, embalaxes, tecidos, cerámica e industrias derivadas da madeira. É tamén centro de veraneo, con grande afluencia turística. En 1961 creouse no antigo muíño da vila o Molí-Museu Paperer, onde se fabrica o papel de barba cos mesmos procedementos mecánicos ca no s XVIII. No mesmo edificio atópase o Museu Arqueològic Amador Romaní inagurado en 1948. No sistema cárstico de Capelló atópase o xacemento Abric Romaní.