capital
(< lat capitāle‘relativo á cabeza’)
-
adx
Relativo ou pertencente á cabeza.
-
-
adx
Que é o principal, a parte máis importante dunha cousa.
Ex: Primeiro imos tratar a cuestión capital, despois veremos os temas secundarios.
Sinónimos: cardinal, crucial, fundamental, primordial, esencial. -
adx
[RELIX]
Aplícase a cada un dos sete pecados principais que se consideran fonte de todos os demais.
-
s
f
[XEOG/ADM]
Poboación que é sede dos órganos supremos de goberno dun estado e que figura como símbolo da súa vontade centralizadora. Na capital dáse a acumulación de funcións políticas, diplomáticas, administrativas e de servicios diversos, o que favorece unha gran concentración de habitantes e de riqueza. A determinación da capital corresponde aos poderes políticos e provoca en ocasións rivalidades entre diversas cidades. A aparición da capital está ligada historicamente á creación do estado moderno e das cidades, especialmente en estados federais como Brasil, con capital na cidade de Brasília. Nalgúns países solventaron este problema diversificando as actividades da capital entre dúas cidades como no caso de Bolivia, que ten a súa capital administrativa establecida en La Paz e a súa capital xudicial en Sucre. Acontece o mesmo nalgunhas comunidades autónomas como a Región de Murcia, con capital gobernamental en Murcia e lexislativa en Cartagena.
-
s
f
[XEOG/ADM]
Cidade ou vila principal dunha rexión xeográfica ou dunha circunscrición administrativa.
Ex: A capital de Galicia é Santiago de Compostela.
-
s
f
[XEOG/ADM]
Centro ou área dunha actividade cultural, económica, relixiosa, etc.
Ex: Ribadavia é a capital das festas medievais. A Meca é a capital do Islam. A capital do cine segue a ser Hollywood.
-
adx
-
[ESCR]
-
adx e s
f
Aplícase á letra de tamaño moi grande e, ás veces, decorada artisticamente, coa que adoito comeza un capítulo.
-
escritura capital
Tipo de escritura latina clásica usada normalmente desde o s I a C ao s V d C, da que derivan as demais escrituras latinas a través de sucesivas transformacións. A capital cadrada reservouse para as inscricións e a capital libraria para a copia máis ou menos solemne de códices e de actos públicos. Dentro da libraria, as denominacións de capital rústica e de capital elegante son ambiguas, a rústica é a miúdo máis distinguida e máis espontánea ca a elegante ou cadrada, moi artificiosa e reservada para códices luxosos escritos a partir do s VI. A capital cadrada das inscricións romanas perdurou, con poucas modificacións, na escritura maiúscula moderna tradicional. Ao transformarse en cursiva, a capital rústica orixinou tipos intermedios que se diferenciaron en tradicións diversas: a escritura semiuncial, a uncial e a cursiva antiga, esta última reservada para a chancelería imperial do s IV.
-
adx e s
f
-
s
m
Riqueza acumulada que posúe unha persoa ou unha empresa consistente en bens e, sobre todo, cartos.
Ex: Ten un capital acumulado de varios miles de euros.
Sinónimos: fortuna. Confrontacións: diñeirada, diñeiral. -
[EDUC]
-
s
m
Capital constituído pola totalidade de activos líquidos a disposición do empresario.
-
capital cultural
Concepto proposto por Pierre Félix Bourdieu que intenta explicar as diferencias de éxito escolar entre nenos de distintas clases sociais. Dentro do capital cultural inclúese un conxunto de habilidades valoradas e de coñecementos adquiridos como cultura xeral, saberes específicos e bagaxe lingüística na práctica social. Deste modo, o éxito escolar depende, en parte, do capital cultural do que se dispoña, adquirido na socialización primaria da familia. A natureza, composición e volume deses coñecementos e os seus procesos de adquisición varían en función da época histórica, da comunidade ou grupo, dos vínculos existentes co capital social, económico e simbólico e da posesión destes polos axentes sociais. Posteriormente, distinguíronse tres formas de capital cultural: incorporado, obxectivado e institucionalizado.
-
s
m
-
-
capital humano /
[SOCIOL/EDUC]
Concepto desenvolvido desde posicionamentos liberais na segunda metade do s XX, máis concretamente na década dos anos sesenta, que contribúe á racionalización do gasto público en educación desde a consideración desta como investimento cara ao futuro. Pode compararse, polo tanto, co capital físico ou investimento do que se poden tirar beneficios, cuñado polos economistas. Os gastos directos en educación constitúen unha parte importante do investimento en capital humano nos países desenvolvidos, pero non a única. Igualmente forman parte deste capital os investimentos en sanidade, os custos derivados da existencia nun país de correntes de inmigración cando tal fenómeno vai dirixido ao mellor aproveitamento de oportunidades de emprego relacionadas con procesos de desenvolvemento económicos rexionais; pero tamén se podería considerar capital humano o esforzo realizado por estudiantes adultos cando asisten á escola para mellorar a súa formación. Despois da Segunda Guerra Mundial, púxose de manifesto que os investimentos que os países facían en capital físico, entendendo como tal, maquinaria, tecnoloxía, construción, etc, estaban errados. Demostrouse entón que o crecemento económico depende, sobre todo, da creación dunha forza de traballo que teña a competencia técnica axeitada, en perfecta sintonía co modelo de produción moderno e, polo tanto, na procura de progreso económico e técnico. Parece claro que o investimento en educación resulta clave para dar resposta ás necesidades de man de obra cualificada. Desta maneira, se non se produce a acumulación necesaria de capital humano, só habería traballo manual e, polo tanto, pobreza. Os países en vías de desenvolvemento deberían investir en coñecemento e creación de habilidades que estivesen directamente relacionadas cos investimentos en capital físico, de xeito que se puidesen rebaixar os custos e polo tanto sacar beneficios tanto económicos coma sociais. O paro supón unha importante limitación para o capital humano, aínda que non a única, dado que as dinámicas económicas poden xerar leis fiscais, desaxustes no mercado de capitais, discriminacións de carácter social ou relixioso, selectividade e control dos mercados exercidos por grupos de poder multinacionais ou por profesións elitistas. Todos estes elementos fan que o investimento en capital humano estea por debaixo do nivel óptimo, producindo, así, diferencias moi notables entre países e mesmo entre cidadáns dun mesmo país. A educación nun mundo globalizado, onde as dinámicas económicas son moi cambiantes e mesmo impoñen formas de control e alienación, resulta un factor esencial tanto para o desenvolvemento económico como para procurar cotas máis altas de xustiza social.
-
capital simbólico
[SOCIOL]
Concepto proposto por Pierre Félix Bourdieu para denominar a adquisición, acumulación e instrumentalización polos axentes sociais de valores considerados lexítimos nos grupos aos que pertencen ou nos que participan. Este capital simbólico pode adquirir distintos graos e formas de recoñecemento social (prestixio, carisma, credibilidade) dependendo do campo de aplicación. A miúdo, o capital simbólico constitúe a cara inmaterial do capital social, económico e cultural.
-
capital humano /
[SOCIOL/EDUC]
-
inimigo capital
Inimigo moi perigoso.
-
pena capital
Pena de morte.
-
[ECON]
-
capital autorizado
Procedemento para aumentar o capital dunha sociedade anónima. Consiste nunha autorización que fai a xunta xeral de accionistas aos administradores para que incrementen unha cifra as veces que sexa necesario e na cantidade que eles determinen, sen ter que consultar á xunta xeral, por un período de cinco anos e un límite máximo do cincuenta por cento do capital escriturado.
-
capital circulante
Conxunto de bens que se consomen no proceso produtivo, que cambia sucesivamente de forma, e pasan a ser materia prima, produto elaborado, enerxía, etc.
-
capital de risco
Investimento, participación ou préstamo que comporta un risco elevado, coa posible perda do capital investido, efectuado normalmente en pequenas e medianas empresas de carácter innovador ou de tecnoloxía avanzada. O investimento efectúase a medio ou longo prazo, pero sempre con carácter temporal.
-
capital financeiro
Fracción do capital empregado na financiación da produción.
-
capital fixo
Parte dos activos que se materializan en bens durables, destinados de forma estable á produción, como por exemplo maquinaria, fábricas, material de transporte, etc.
-
capital líquido
Residuo do activo, detraído o pasivo dunha persoa natural ou xurídica.
-
capital social
alor monetario das achegas dos socios ás sociedades, particularmente ás mercantís. Nestas, a verdadeira importancia do capital social é de tipo contable posto que, pola súa inclusión obrigatoria no pasivo do balance, constitúe para os socios unha garantía de que a cifra de beneficios que aparece no balance é real, e para os acredores que a sociedade pode responder polo menos cunha cantidade igual á cifra do capital, agás que haxa perdas no balance. Para evitar este perigo, as leis obrigan a repoñer o capital ou a restablecer dalgunha maneira o equilibrio cando as perdas sobrepasan unha certa porcentaxe da cifra do capital. O capital social non é o mesmo có patrimonio social, que se define como o valor da sociedade que cambia a cada momento. A cifra do capital é un valor mínimo garantido.
-
capital social
Conxunto de bens de capital básicos condicionados polo desenvolvemento da actividade produtiva para calquera economía. Componse fundamentalmente do equipamento infraestrutural como transportes, comunicacións e instalacións enerxéticas, entre outros. A avaliación da súa contribución ao proceso produtivo a partir da información do mercado en función dos prezos é considerablemente imprecisa, debido á dificultade de illar os seus efectos sobre a actividade económica en conxunto. A natureza dos servicios que se derivan, o volume de recursos necesarios para a súa entrada en rendemento, a súa importancia para o control económico e político, xunto co feito de que a súa produción é dificilmente diversificable, constitúen as razóns principais do proceso de substitución da xestión de grupos monopolistas pola do Estado no seu control e na súa financiación. Modernamente, admítese a primacía do sector público que fai a provisión do capital social, sobre todo dentro dun proceso de desenvolvemento, agás que o volume de recursos requiridos faga irrelevante a actuación da iniciativa privada. Tamén é obxecto de coincidencia a apreciación de que a dispoñibilidade dunha infraestrutura eficiente por parte dos países subdesenvolvidos constitúe un forte incentivo para a atracción do capital estranxeiro.
-
s
m
Conxunto de medios e instrumentos de produción (máquinas, edificios, materias primas, etc) que permiten producir bens e, consecuentemente, crear plusvalía grazas á participación do traballador asalariado no proceso de produción. O capital, sen embargo, non é un concepto que poida resumirse nunha única acepción; responde a diferentes intereses e engloba distintas realidades sociais e empresariais. As definicións empregadas con maior frecuencia en economía social son a de capital físico, para referirse ao conxunto de bens de produción (maquinaria, fábricas, terras e todos aqueles bens que non serven para o consumo directo senón para a produción doutros bens), e capital monetario, para referirse ao diñeiro como ben de produción. Subxacente a esta concepción radica a tese que sostén que o beneficio é o froito do traballo dos capitalistas, afastando da creación da riqueza os traballadores asalariados. Segundo Marx, sen embargo, o capital non é unha propiedade inherente aos medios e instrumentos de produción senón que constitúe unha relación social establecida entre os capitalistas, que posúen os medios de produción, e a clase obreira, que recibe un salario como pago pola manipulación dos medios de produción que benefician os seus propietarios, disimulada baixo a forma de obxectos (diñeiro, medios de produción, mercadorías). De acordo con esta concepción, o capital posúe dúas compoñentes fundamentais: o capital constante, constituído polos bens de equipo (edificios, materias primas) necesarios para o proceso de produción, e o capital variable, que é a parte do capital que se transforma en forza de traballo e que, a diferenza do constante, ao aumentar a súa magnitude produce un excedente. Polo tanto a súa relación establécese como o=c/(c+v), na que o é a composición do capital, c é o capital constante e v é o capital variable.
Evolución do concepto
Na historia do pensamento económico, o concepto de capital tivo unha aparición relativamente tardía e escasamente satisfactoria á hora de prover unha definición de validez xeral. Só a partir do s XVIII a noción de capital supera a visión física de suma de diñeiro para aludir ao crecemento das nacións. De feito, dentro da economía positiva burguesa as teorías máis recentes non superaron totalmente as concepcións clásicas xurdidas nun determinado contexto histórico. As contribucións de Adam Smith e David Ricardo proporcionaron os elementos básicos da teoría económica clásica. Adam Smith considerou fundamental o papel da acumulación de capital no desenvolvemento da división do traballo e na súa produtividade; ademais, sostiña que a acumulación de capital procedía dun excedente da produción sobre o consumo, en relación coa teoría da abstinencia de John Stuart Mill, que defendía que o capital se orixinaba na privación de consumo daquelas persoas que desexaban un rendemento futuro que compensase a súa actual abstención. Para David Ricardo, o capital era a parte da riqueza da nación empregada na produción e necesaria para conseguir un resultado óptimo do traballo. Para estes autores clásicos, o capital era a garantía da riqueza e felicidade das nacións. Destas análises deriva a distinción entre capital fixo, que presta servizo a longo prazo, e capital circulante, que se transforma para dar lugar a novos bens. A teoría marxista de capital, considerado como un valor, está intimamente relacionada co proceso de acumulación que se orixina do capital; para os marxistas, os medios de produción non son capital, só se transforman en capital baixo condicións sociais determinadas. Para Marx, autor da obra Das Kapital (O Capital), este, máis que unha categoría económica, era unha expresión do poder social en mans dos propietarios dos medios de produción. A escola marxinalista austríaca, rexeitando a vinculación entre capital e traballo defendida pola escola clásica, definiu o capital como o conxunto de bens que serven para producir outros bens.
O capital no mundo actual
Nos países desenvolvidos, a maior parte da poboación dedícase a ampliar e mellorar o capital, inventando e construíndo medios de produción cada vez máis modernos e produtivos. A innovación tecnolóxica é fundamental para as posibilidades combinatorias dos factores produtivos, que chegan a xerar unha progresiva substitución do factor traballo polo factor capital. Nos países subdesenvolvidos, a poboación dedícase en maior medida á obtención de bens de consumo como alimentos, roupa, etc, e precisamente é a ausencia de capital a que frea o desenvolvemento destes países.
-
capital autorizado