cardinal
(< lat cardināle‘principal, fundamental’)
-
adx
Que ten unha importancia fundamental.
Ex: O nomeamento do novo presidente foi o punto cardinal da reunión.
Sinónimos: capital, primordial, principal. -
adx
Aplícase aos catro puntos imaxinarios do horizonte, que serven de orientación, con relación ao plano vertical do eixo de rotación da terra.
Ex: Para usar o compás tes que tomar o norte como punto cardinal de referencia.
-
adx
[LING]
Aplícase ao numeral que expresa unha cantidade ou número preciso, sen facer referencia nin ao lugar nin á orde.
-
adx
[ANAT]
-
Designación das principais veas dos embrións dos vertebrados.
-
Aplícase á terceira vértebra cervical.
-
Referido á liña correspondente ao eixe de articulación das valvas da cuncha dos braquiópodos.
-
-
[MAT]
-
s
m
Clase dos conxuntos equipotentes a un conxunto determinado, isto é, clase dos conxuntos cos que o conxunto en cuestión pode establecer unha aplicación bixectiva. O cardinal dun conxunto C desígnase coa notación card(C) ou #C. O cardinal dun conxunto finito é o número dos seus elementos; os cardinais dos conxuntos finitos forman o conxunto dos números naturais J.
-
cardinal regular
Cardinal κ?x 0 tal que, para todo X1κ, con card(X)<κ, supX< κ.
-
cardinal singular
Todo cardinal κ?x 0 non regular.
-
número cardinal
Ordinal inicial ou número ordinal κ tal que calquera outro número ordinal β<κ, non é equipotente con κ.
-
s
m
-
elementos cardinais dun sistema óptico
[FÍS]
Conxunto de tres pares de puntos (foco obxecto e foco imaxe, punto principal obxecto e punto principal imaxe, e punto nodal obxecto e punto nodal imaxe) e tres pares de planos (plano focal obxecto e plano focal imaxe, plano principal obxecto e plano principal imaxe, e plano nodal obxecto e plano nodal imaxe) que determinan un sistema óptico centrado respecto á representación óptica (formación xeométrica de imaxes) e que se caracterizan porque neles os aumentos toman valores especiais. OBS: Chámanse tamén puntos cardinais ou puntos de Gauss.