capitalización
(
-
[ECON]
-
s
f
Acción e efecto de capitalizar.
-
capitalización de xuros
Acumulación dos xuros vencidos ao capital que os produciu para que esta suma sexa o novo capital produtor de intereses. É moi semellante ao anatocismo.
-
s
f
-
[ECON]
-
s
f
Proceso polo que o capital dunha empresa aumenta o seu valor por razóns diversas. Este aumento pode estar motivado polas variacións das cotizacións das súas accións na bolsa, pola revalorización da moeda, pola infravaloración do capital fixo ou pola determinación dunhas cotas de amortización superior ás reais.
-
capitalización bolsista
Avaliación empresarial dunha sociedade, segundo a súa cotización en bolsa, multiplicada polo número de accións emitidas. Permite ver se as accións son subavaliadas ou sobreavaliadas, e tamén expresa a eficacia do mercado de valores.
-
s
f
-
s
f
[ECON]
Forma de previsión que ten como obxecto a constitución dun capital e a súa entrega ao beneficiario nunha data previamente establecida. A constitución do capital mencionado efectúase coas cotas ou primas achegadas polos subscritores, incrementadas cos intereses legalmente establecidos.