Capitanía Xeneral da Coruña, pazo da
Capitanía Xeneral da Coruña, pazo da
Edificio neoclásico construído por Juan Vergel en 1748. Foi concibido como vivenda do capitán xeneral e sede da Audiencia. A súa planta é cadrada e está organizado ao redor dun patio central. Ten planta baixa e dúas alturas. A fachada amosa a horizontalidade coa que foi concibido o edificio. O corpo central remata nun tímpano semicircular no que se atopa un reloxo e o escudo real.