capitolino -na
capitolino -na
(< topónimo Capitolio)
-
adx
Relativo ou pertencente ao Capitolio.
Ex: Xúpiter capitolino. Loba capitolina.
-
tríade capitolina
[MIT]
Conxunto de divindades romanas, asociadas nun mesmo culto, composto por Xúpiter, Xuno e Minerva.
-
xogos capitolinos
[HIST]
Xogos de carácter anual en honor ao deus Xúpiter, instituídos por Furio Camilo en lembranza da liberación do Capitolio no ano 389 a C. O Emperador Domiciano fundou outros xogos capitolinos no ano 86 d C, de periocidade cuadrienal, nos que se lles concedían premios aos músicos, poetas, comediantes, mimos e oradores.