capitolio
(< topónimo Capitolio)
-
s
m
-
Edificio monumental destinado xeralmente a sede municipal ou parlamentaria. O nome provén do Capitolio romano, onde estaba situado o palacio do Senado, que foi reconstruído segundo os planos de Michelangelo Buonarroti. Esta denominación, pouco empregada en Europa, designou o Capitolio de Languedoc, obra de Guillaume Cammas, construído entre os anos 1750 e 1753. No continente americano, onde adoptaron esta denominación, destaca o Capitolio do estado de Virginia, en Richmond, obra de Jefferson e baseado nos templos xónicos clásicos, que se rematou de construír en 1795. O Capitolio de Washington, construído entre 1792 e 1869, impuxo o modelo con gran cúpula empregado nos EE UU e noutros edificios de América Latina, como os de Bos Aires e La Habana.
-
Calquera templo dedicado á tríade capitolina en diversas cidades do Imperio Romano e situado nun lugar destacado do foro. OBS: Xeralmente se escribe en maiúsculas.
-
-
s
m
Edificio maxestoso e moi elevado.