capitolo*
capitolo*
s
m
[LIT]
Forma poética italiana baseada na terza rima de Dante, cunha distribución en tercetos encadeados. Petrarca aplicoulles este nome ás estrofas que compoñían os seus Trionfi. Nos ss XIV e XV posuía unha temática didáctica, pero despois, a raíz da sátira de Lorenzo de Medici, adquiriu un carácter burlesco ou satírico. No XVI empregouse para reflectir alegoricamente as meditacións éticas e así o fixeron Ludovico Ariosto en Satire e Francesco Berni nas súas parodias e burlas. Nos ss XVIII e XIX apareceu nas obras de Vittorio Alfieri, Giacomo Leopardi ou Giovanni Pascoli, entre outros.