Capitón
Capitón
[ONOM]
Prenome masculino procedente do latín capitonem, alcume que se lles aplicaba ás persoas que tiñan a cabeza grande. Levou este nome, segundo o Misal Galego, o primeiro bispo de Lugo. A tradición di que sufriu martirio na fogueira. A diocese de Lugo celebra a súa festividade o 4 de marzo.