Capitulación de Sintra

Capitulación de Sintra

Acordo asinado o 18 de setembro de 1509 entre Manuel I de Portugal e Xoana I de Castela coa intención de resolver as dúbidas existentes sobre os límites de navegación e conquista na costa africana, definidos no Tratado de Tordesillas (1494). Estableceuse que Portugal renunciase á conquista de Vélez de la Gomera, Cazaza e todas as poboacións costeiras, mentres Castela recoñecía a soberanía portuguesa dos territorios comprendidos desde Vélez ata o cabo Bojador.

Palabras veciñas

Capitón | capítula | capitulación | Capitulación de Sintra | Capitulacións de Santa Fe | capitulante | 1 capitular