Capitulacións de Santa Fe

Capitulacións de Santa Fe

Acordo asinado entre os Reis Católicos e Cristovo Colón en Santa Fe (Granada), o 17 de abril de 1492, para a conquista das Indias. Nelas concedíanselle a Colón os títulos de almirante, vicerrei e gobernador xeral das terras descubertas, con carácter vitalicio e hereditario, e a décima parte das riquezas obtidas.

Palabras veciñas

capítula | capitulación | Capitulación de Sintra | Capitulacións de Santa Fe | capitulante | 1 capitular | 2 capitular