Capitolio, O
Capitolio, O
Un dos sete outeiros de Roma, antigo monte Saturno, tamén chamado monte Capitolino. Neste lugar construíuse o templo dedicado á tríade capitolina (Xúpiter-Xuno-Minerva). Era un templo toscano coa cela dividida en tres espacios para poñer a estatua de Xúpiter no centro e, aos lados, a de Xuno e a de Minerva. O último dos templos reconstruídos neste lugar, e dedicados á tríade, foi obra dos emperadores Tito e Domiciano. No outeiro construíronse tamén outros templos e o Tabularium, sobre o que se edificou o actual palacio do Senado.