capón -na
(
-
adx e s
Aplícase ao home ou a calquera animal castrado.
-
s
m
Galo que se castra cando é pequeno e que se ceba para despois comelo. O capón recibe un trato especial para acadar unhas determinadas condicións de engraxamento, sabor e mesmo de cor de pel. Nace no mes de abril e durante sete meses aliméntase con fariña de millo, trigo e centeo, polo que a súa pel e as patas adquiren unha peculiar tonalidade marela. Os últimos 40 días, cando pesa ao redor de tres quilos, métese nunha capoeira temperada e escura, tradicionalmente situada preto da lareira, para que gañe en graxa. Coa man obrígaselle a tragar, cada doce horas, unha pasta feita con auga fervida e millo triturado que pode levar tamén pataca cocida e, ás veces, viño branco ou leite. Nas últimas semanas, antes de sacrificalo mediante unha punción no padal, engádeselle unha copa de coñac. Unha vez escaldado, desplumado e eviscerado, preséntase para a venda coa graxa ou enxunlla fixada sobre o animal con pequenos pauciños de bidueiro e en auga coloreada con azafrán ou centeo. O capón comercialízase, sobre todo, na feira de Vilalba que se celebra o 19 de decembro. O capón de Vilalba pertence á raza Galiña de Mos e a súa produción, ao redor de 10.000 unidades, xa se documenta na zona desde o século XV. Ademais o capón caseiro tamén se pode atopar nalgunhas feiras a finais de decembro, principalmente na de Arzúa o día 22, e tamén ten tradición en Euskadi. É un prato tradicional do día de Nadal e os seus miúdos utilízanse para preparar a chamada sopa camerani.
Ex: No Nadal os capóns de Vilalba teñen un prezo moi elevado.
-
s
m
Calquera galo.
-
s
m
Eixe do muíño que fai baixar e subir a capa.
Refráns
- O capón que se fai galo, azoutalo.